Actualizado en data 14/01/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os López de Lemos e as doncelas

No lendario da nobreza nunca faltan explicacións nin aventuras semellantes a esta. O escudo de armas dos López de Lemos, señores de Sober e Ferreira de Pantón, só contaba cun roel no tempo en que os cristiáns tiñan que pagar ós mouros o chamado tributo das cen doncelas.
En tempos do rei Afonso II, O Casto, un tal Fernán López de Lemos e Sober rescatou doce doncelas daquelas entregadas ós mouros e por iso desde entón puido engadir ao seu escudo doce roeles de azur en campo de prata. Velaí a razón pola que agora suman trece os roeles do escudo dos López de Lemos.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: