Actualizado en data 10/12/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As Covas do Castro

Na veiga do meu bisavó hai un outeiro no que se poden ver unhas covas chamadas as Covas do Castro. Di a lenda que hai moitos anos ninguén se atrevía a entrar nelas porque dicían que quen entraba alí xa non volvía saír.
Uns homes fixeron unha proba para ver se era certo: atáronlle unha corda moi longa a un can moi fiel e metérono dentro das covas. Despois, ao ver que o can deixara de facer forza, sacaron a corda e non atoparon nada atado a ela.
Esperaron dous días a ver se saía, pero o can non aparecía por ningures, cerraron as entradas ás covas con pedras para que así ninguén entrara nelas.

[Recompilado pola alumna Débora Fariña, do CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra, da súa nai, Patricia de Santa María]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: