Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Cachote da Moura

No río Lérez, á altura de Couso, nun sitio chamado a Bouza, meu bisavó tiña unha casa e mais a súa granxa con tres muíños dos que moían coa forza do río.Alí hai un sitio que lle chaman o Pozo Negro.
Non se sabe que profundidade ten e é un sitio moi perigoso. Din que nesa poza desapareceu moita xente cando se ían bañar e que tamén morrera alí unha mociña loira e moi bonitiña que logo, todos os días ás doce da noite, aparecía convertida en serea e peiteábase cun peite de prata nun penedo grande que hai na beira.
Cóntase que uns canteiros quixeron romper a pena facendo unhas fendas e cando o intentaron quedaron cegos. Agora esa rocha é coñecida polo nome de Cachote da Moura.

[Recompilado pola alumna Rita Valiño, do CEIP Santo André de Xeve, Pontevedra, da súa tía-avoa Carmen da Bouza]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: