Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O Penedo do Arangaño

O Penedo do Arangaño ou Angaraño atópase pola estrada que vai de Xinzo de Limia a Vilar de Barrio, á altura da aldea de Perrelos, concello de Sarreaus, comarca da Limia (Ourense) nun dos montes da parroquia dos Castelos. Ten gran grosor e unhas unhas proporcións de 1,5 m de alto e 3 m de diámetro, aproximadamente. O penedo era bo para curar unha enfermidade moi común entre os nenos pequenos, que consistía nun avultamento da barriga; como consecuencia non comían e ata podían chegar a morrer. A xente maior do lugar conta que como se facía o rito: levávase ao meniño ata o penedo e a nai metíao polo burato, despois a madriña recollíao pola saída do penedo. De seguido quitábaselle a roupa ao neno e colgábase das árbores que están arredor e logo vestíase o meniño con roupa nova. Como sinal de agradecemento tirábanse moedas dentro do penedo e púñase un cirio acendido. Hoxe en día aínda se poden ver restos de candeas e hai uns anos era posible atopar moedas. Non todas as persoas coas que falei me dixeron que tiñan que ser a nai e a madriña do neno, algunhas din que só era necesaria a presencia da nai e dunha axudante. Outras tamén din que á vez que se pasaba ó meniño por debaixo do penedo había que dicir unhas palabras ¨máxicas¨, algo así como:

—Comadre miña, heiche vai o angaraño; vóltamo sano e vivo.

[Texto remitido por Xavier Feixóo, Sandiás, Ourense. Reproducido de R. Novoa Rivero "Os penedos no Val de Antela"]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

O Penedo do Arangaño non é de Cortegada sinon de Perrelos. Está ubicado na finca dos meus primos Cesareo e Paulos (fallecidos) veciños de Perrelos. Ademáis está no término demarcado de Perrelos.

Enviado por Camilo Brandín o 18/08/2021 ás 22:50:25


Enviar comentario a este artigo: