O trasno en Candia
Isto pasou en Candia, Abadín (Lugo):
»Dúas mulleres foron ó muíño, e facía moito frío e fixeron lume. E entonces baixou un neniño desnudo:
—¡Ai, pobriño, quen este neniño abandonaría! ¡Ai, criaturiña...!
Quentárono e tapárono, e cuidárono, e, cando lles desapareceu, marchou pola chimenea, e despois decía:
—¡Tataratá, as nenas do muíño quentárome o cu!»
BIBLIOGRAFÍA