Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 117: O Meco

Sarmiento visitou A Siradella, O Grove, en 1745 por ser o lugar onde a tradición dicía que aforcaran a un personaxe que el coñecía desde meniño porque na procesión relixiosa do Corpo de Deus de Pontevedra representábase solemnemente a súa derrota —con carantoña / facendo o fedello / botando pernadas— a mans da Vella do Grove.

O Meco —do latín moechus, adúltero, fornicador — aínda é un personaxe sobranceiro de moitos entroidos polo menos desde o s. XVII.

Hai diferentes versións sobre a orixe. Uns din que era o terratenente Juan de la Meca, quen tiña por costume facer uso do dereito de pernada. Outros aseguran que era un crego luxurioso quizais párroco de san Martiño, conquistador e violador de mulleres. Un sátiro.

Chegou o día en que as mulleres do Grove non o aturaron máis e entre todas captúrano e afórcano nunha figueira na Siradella. Cando a xustiza preguntou quen matou o Meco, todos as mulleres responderon: Matámolo todas!

A figueira desde entón só dá figos vermellos, cor do sangue do Meco, aínda que Sarmiento asegura que a cor é consecuencia dos fríos ventos mariños.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 12 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: