O marqués aollador
Chámanse aolladores aos que coa ollada, consciente ou inconscientemente, a mantenta ou sen querer, causan o mal de ollo coa mirada a persoas e animais. Teñen moita forza na vista, tanta que poden chegar a matar e para evitalo usan lentes con cristais dobres e escuros. Quen menos sospeitemos pode ser aollador,
Dise dun marqués de Bóveda que aló polo século XIX tiña eses poderes na vista e que por esa razón andaba sempre, verán e inverno, con lentes de sol.
Cóntase que unha vez que pasaban por diante do seu pazo uns campesiños cun par de bois camiño da feira de Rubián, díxolle a un servente que se quitaba os lentes eran quen de matar aqueles bois.
Como o criado non daba creto a tal fachenda, o marqués quitou os lentes, mirou para os bois e caeron fulminados de contado.
Os animais mortos e o dono arruinado.
Información extraída do blog web Piño [piño.com].
BIBLIOGRAFÍA