Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 073: A Casiña do Rei

Viaxamos a Lobeira, ao Leboreiro, onde vivían tres irmáns, cada quen na súa casa; unha en Parada, outra en Veloso e esta da que falamos, na Fraga.

Só quedan á vista algúns rebaixes na pedra onde se apoiaban as trabes da que chaman por alí a Casiña do Rei. O home que vivía nela tiña trece becerros e incontables ovellas, e unha filla que era, por suposto, moi bonita.

Unha vez pasaron por alí uns militares que pediron pousada e o pai, temendo que lle fixesen algún mal á filla, agachouna nunha secreta. Uns días máis adiante un dos soldados revelou que entre eles andaba o rei camuflado.

A partir daquel momento, co rei como garante, a moza fixo vida sen contratempos fóra do escondedoiro. Cando marcharon, o rei agradecido polo trato que lle deran díxolle a aquel home que pedise o que quixese.

E el, despois de facerse de rogar, pediu dúas cousas: que os mozos de Lobeira non fosen chamados ao servizo e que os veciños non tivesen que pagar endexamais ningunha contribución.

Hai quen pensa que aquel rei era Afonso IX e que as concesións, as máis incumpridas, están recollidas nun foro de 1228.


SerieMicromitos


ublicación: Nós Diario, 10 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: