Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A morte dos vellos (Castro de Louredo)

"Contaba miña bisavoa, Ángela, nacida en Quenlle en 1900, que antigamente algunhas familias, ao non ter suficiente para sobrevivir, levaban aos seus maiores, con comida e auga para uns días, a unha aldea abandonada por riba de Freixendo (Castro de Louredo), para que faleceran alí. A tradición rematou cando un veciño non quixo levar ao pai.

Ela chegou a coñecer un caso sendo nena." O historiador Justo Calviño na súa obra "Barbadás, tadición y modernidad", recolle que o lugar do suicidio ritual dos vellos no castro de Louredo (Toén) é a Pedra Longa: "os vellos das aldeas da zona, ó facerse maiores e inútiles para o traballo, ían a Pedra Longa a sucidarse, tirándose dende o alto dela ó baleiro. O último foi o pai de Vicente, que triste polo que fixera seu pai e arrepentido de levalo alí puxo fin a tradición".

 Lenda recollida por Ana Lorenzo en Quenlle, Toén (Ourense) 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: