Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Penademouros

Onda ponte que atravesa o encoro de Belesar, na estrada que vai de Taboada a Rubián hai varios penedos con nome propio. Moitos deles quedaron baixo das augas da presa franquista, como a Pena do Rei, e outros máis que seica tiñan pegadas dos mouros. Tamén está o Penedo da Muller, onde polo visto ían as mulleres facer por ter fillos, ou Penadoso, onda o clube fluvial. Por todos estes penedos que dende a pena máis grande baixan ao río hai buratos, coma coviñas, e din que neles vivían os mouros.
Precisamente por alí está o penedo chamado Penademouros, na parroquia de San Xulián de Ínsua, Taboada (Lugo), rodeado de viñas. Destaca sobre o río e a paisaxe a súa forma rectangular e contan que o día que alguén fure Penademouros ciscará alcatrán para todo o mundo; ou ouro, depende.
Hai uns corenta anos houbo un listo da aldea que foi cunha piqueta furar a pena, pero non debía crer moito que non notamos nada por alí arredor.
Por certo, calquera día o concello ou a deputación, que están enchendo a ribeira de pistas, descobren o alcatrán e...

[Información remitida por Mallariz, Mourelle, Taboada, Lugo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: