Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A moza encantada no Monte da Cidade

«Xunto a casa do médico, detrás, quen vai para Corteghada, ó dar a curva cheghar ó cruce, á izquierda, aquel monte que o dividiu a vía polo medio. Mira, eu, cuando era rapaz, que tiña cuatro, cinco, seis, sete ou oito anos, estábamos á beira do lume das cociñas de lareira que había antes e claro, éramos moi curiosos porque xuntábanse os vellos de antes e empezaban a contar contos porque non había televisión, nin radio, nin había luz e claro, nós os rapaces éramos todo oídos. Entonces dicían: Había unha moza naquel monte que as tardes de sol do inverno salía fóra e poñíase a cantar. Entonces os do pueblo de Filgueira víana pero vían que ó poñerse o sol metíase, escondíase, non se sabía pa onde ía. Esto foi antes de abrir a vía, eh, antes de abrir a vía, porque despois ese monte trouzouno a vía. Entonces houbo un mozo que dice que foi moi valiente e acercouse un día a ela e empezou a namorala, empezou a falar con ela. Entoces díxolle: “E nós non nos podíamos cheghar a un acuerdo e cheghar a formar un matrimonio e casarnos?” “Podemos-contestoulle ela-podemos, pero tes que facer unha cousa moi difícil, moi difícil, moi difícil, porque mira, eu estou encantada que hai siglos e eu teño moito ouro, eu sáleme, levántame o desencanto, o encanto que me teño, pero se non non podo salir máis. Se non fas a proba eu non podo salir máis, entón xa non me ver máis”. Entón claro, despois de tantas veces ir alí e contarlle eso cheghou a un acuerdo que si, que facía a proba. Entonces díxolle que que proba era a que tiña que facer, e dixo ela: “Mira, se o fas, xúrame que telo que facer, porque senón non me ves máis. Aghora despois si, despois si, despois vamos a ser felices”. E claro, ós rapaces que estábamos oíndo esto tíñanos, estábamos que aquillo… Entonces díxolle: “Bueno, que teño que facer, a ver, que teño que facer”. “Tes que vir no mes de xaneiro ás tres da mañá nunha noite de luna chea, que haxa un luar que se vexa como día. Tes que vir por ese caminiño, -porque ó tempo non había carretera nin había nada. O caminiño aínda o hai aghora, un caminiño estreitiño- Tes que ir todo por aquel caminiño e tes que traer unha flor- que a flor si que non sei que flor era porque no mes de xaneiro non hai moitas flores, pero sería…eu que sei- E entonces- díxolle- ó cheghar aí, cen metros antes de cheghar aí, tu ves polo camiño e hei d´ir en forma de serpente, de culebra, pero unha culebra negra, grande, moi grande. Tu ó verme páraste, e eu subo por arriba e sácoche a flor dos labios, e nese momento somos home e muller, entón levántasme o encanto e xa podemos ser felices. Pero mira si o fas…” E dixo: “Fagho, fagho, muller, fagho, non te preocupes que eu son valiente e fagho”. Entón puxeron a noite esta, caundo era luna chea, cuando ía luar, e foi, vai polo caminiño, ás tres da mañá, tras, tras, tras, e aí, e niso vén a serpiente. E entón el quedouse quieto e ve, víase a trinta ou corenta metros, pero cuando faltaban dez ou quice metros escapou. Non aghuantou a tentación, escapou e nunca máis saliu a moza alí a cantar nin a tomar o sol. Esa é a leyenda do Monte da Cidade». (Eduardo Estévez, 70 anos, Filgueira, concello de Crecente (Pontevedra).

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: