Xeografía mítica
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Como naceu Ferreira do Valadouro
«En tempos, Ferreira eran catro casiñas ao pé dunha lagoa que estaban onde hoxe é A Praza. Un día, estando unhas mulleres a lavar alí, aparecéuselles a Virxe nun amieiro. As mulleres deron noticia do caso ás xentes do Valadouro, e acordaron facer unha capela na beira da lagoa. Desde aquela deron en vir romeiros de moitos sitios e fóronse facendo máis casas. E así naceu Ferreira.»
BIBLIOGRAFÍA