Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Cova da Curuxa

Desta cova fálase moito máis ninguén sabe dicir onde cae; algúns din que debe estar polo país do Ulla, outros que en Coruxo, por Vigo, e outros máis din que é a que hai debaixo do Pico Sagro. Para todos é invisible, agás para un tal Álvaro Pérez que por consello dun frade amigo seu entrou nela na procura dun tesouro.

Levaban canda si trinta escudeiros e aínda máis xente con fachóns para alumar, cordas, estacas... Dentro da cova viron cousas marabillosas, entre elas aves enormes que lles batían coas ás no rostro. Chegaron a un río, e na outra beira viron xentes estrañas, moi ben vestidas, tocando instrumentos musicais.

Mais tomounos o medo, non ousaron pasar o río e deron a volta. O frade animábaos a seguir adiante, mais un vento pezoñento apagoulles os fachóns e non puideron.

Conseguir, conseguiron saír da cova mais aquel ano morreron todos os que participaran na aventura.

Todos agás o freire, que morrer non morreu pero perdeu a vista dos dous ollos.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: