Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Boedo

Boedo estaba, e está mergullada, en Lagostelle, no concello de Guitiriz (Lugo). Unha vez que pasou por alí a Sagrada Familia pedindo esmola nin un só veciño llela quixo dar. Ata o zapateiro, por sacalos de diante, lles arrebolou a forma.

Cando chegaron á casa de Barreiro, a máis pobre do lugar, o problema era ben diferente.

— De boa gaña lles darían de comer, mais non teño nada que lles dar.

­—Señora —díxolle a Virxe— amase a cinsa da lareira!

—Como di!

—Amase a cinsa da lareira!

—Pero...non vai ligar!

—Amase, amase; fágame caso.

A señora amasou, enfornou e coceu. E cando probaron resultou que aquela cinsa sabía coma o pan do mellor trigo.

—É tan verdade —dixo a Virxe— que esa torta está cocida, e que é de trigo, como que a cidade de Boedo está mergullada.

E era verdade.

Ilustración: Noemí López, Guía ilustrada da Galicia invisible, Xerais, 2010.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: