Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Demo disfrazado de señorita na Quintana dos Mortos

Este era un estudante que andaba a deshora, nunha clara noite con lúa, paseando por debaixo dos soportais da Quintana dos Mortos, en Santiago de Compostela, e viu pasar unha moza moi fermosa, ricamente vestida e composta.

A moza era bonita e el galante e namoradeiro, así que se ofreceu a acompañala; ofrecemento quer ela aceptou con agrado.

Subiron polas escaleiras da Quintana, botaron a andar pola Corticela e os Oficios, Acibechería, Arco de Palacio, cruzaron polas cadeas da Praza do Hospital, a rúa das Hortas, Areeira. Cruceiro do Gaio, Poza de Bar ata chegaren á carballeira de San Lourenzo.

Foi entón cando o mozo, antes non reparara máis que na fermosura da moza, se fixou nos pés que se lle vían por debaixo da orla do vestido.

E non viu pés humanos senón poutas de lobo ou de león, coas unllas negras, longas e encurvadas. Entón decatouse de que o ruído das pisadas dela tampouco era normal, senón que petaba no chan como se fose calzada con botas de ferro.

O rapaz asustouse e cando chegaron preto do cruceiro antigo do Campo de San Lourenzo, que se ergue arrimado ao ángulo da cerca do convento, na encrucillada, pouco antes de darlles viste ás porterías da igrexa e do mosteiro, o mozo separouse da moza e dun salto (perdendo no chimpo o tricorne e o manteo) caeu enriba das gradas do cruceiro e abrazouse ao varal con todas as súas forzas.

Tremía como un vimbio, cos cabelos encrespados, pedindo a Deus perdón pola torpeza. Foi así como desapareceu, como fume pestífero a señorita que non era outra cousa que o Demo da Quintana dos Mortos así disfrazado.

E así estivo o estudante ata que chegou o día, segundo conta Antonio de la Iglesia no nº 3 da revista La Pequeña Patria, ano 1890.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: