Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lenda da Pena de Miguel

No río Madalena, que pasa por Vilalba (Lugo), no lugar chamado Pena de Miguel dise que é un sitio onde é moi profundo e se te mergullabas debaixo da pena atopabas unhas cancelas de ferro que daban a un pasadizo que levaba ao castelo de Vilalba, por onde os mouros levaban beber os cabalos.
Tamén se conta que existía alí un tesouro que ata o de agora non foi atopado.

[Texto remitido por Miriam Fernández Otero. Ínsua, Vilalba (Lugo) en xuño de 2018]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: