Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os tesouros do castro das Coroas

«As Coroas, aun se conservan, se ven onde durmían, inda hai os ...; porque hai fincas, houbo fincas de labradío agora e topouse, ai topouse ouro, houbo vivienda, porque tuveron amurallados que se ve, picado na pena, por onde taba amurallado e vivirán ai, nese piquín mismo, ai detrás. Houbo viviendas aí, i aí topouse ... unhos de Villarxuane toparon unha olada de ouro. Un señor que taba gaveando, topou unha olada de ouro.

E entoncias taba molido, e entoncias había un señor que iba a Orense, que transportaba mercancía, con mulos, que lle chamaban "Os Aguirres" e como iba a Orense, deullo pra que o levase a ver se daban algo por el. E marchou, o outro marchou ca olada e foi a Orense e veu e díxolle que non valía. nada, que aquelo non era nada. E comprou en Orense unha calle enteira que non taba edificada aínda, do 1 ó 11, a acera toda de riba a baixo. E estableceuse alí e tuvo alí un comercio. Era de aquí de Villaeimil.

E miña abuela tamén, tifian unha leira aí e tamén topou monedas, esas xa eran monedas; valían o valor de cinco duros daquela en monedas de ouro. Ai houbo vivienda, ai houbo unhos castros, máis abaixo chámase Chao do Castro».

[Transcrición da gravación realizada a Marcelino Morado Lombardero. Bogo. A Pontenova (Lugo). Ano 1996]

Localización: As Coroas, Bogo, A Pontenova (Lugo).

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: