Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os túneles malditos da Cazolga

Aínda que as luces xa se viran moitas veces, a noticia non se publica en La Voz de Galicia (A Mariña) ata o 15 de outubro de 1988. A alarma dána dous xeólogos mozos asturianos que dedicaban as fins de semana a buscar fósiles pola zona. Viran estrañas luces nuns túneles inacabados e abandonados situados na Cazolga (Lourenzá) e que deberían servir para conducir auga para a fábrica da luz situada a carón do río Masma, ao fondo do bosque de Freixo, en Vilamar (Barreiros), central que subministraba enerxía eléctrica aos concellos de Foz, Barreiros e Ribadeo.

A obra que se debeu acometer a principios da década de 1940, e a pesar do auxilio de enxeñeiros alemáns, resultou imposible por moitos motivos de carácter técnico pero, sobre todo, por culpa dunha sorte de maldición. Algo provocaba que os obreiros enfermasen, que moitos padecesen inexplicables dores e padecementos, e mesmo que algún fosen morrendo progresivamente, uns tras doutros.

As obras suspendéronse e os túneles quedaron a medio facer.

Pasaron os anos. O mato fíxose dono de todo aquilo e comezaron a circular rumores sobre estraños relampos ou luces prateadas, resplandores que vían xeralmente á tardiña.Algúns veciños confesaron telas visto, confirmando o dito polos mozos asturianos.

A realidade é que ninguén sabe a día de hoxe que pasaba neses túneles e se a maldición que se lles apón desapareceu ou non cando se deron por interrompidas as obras.

Nota: A foto que ilustra foi publicada por La Voz de Galicia o 15 de outubro de 1988.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: