Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO: O crego que se librou do lobo

CONTA ÁLVARO CUNQUEIRO, despois de asegurar que o ano era amigo de lobos, unha historia sucedida había xa moitos anos, protagonizada poor un cura vello que había en Trigás (Mondoñedo). 

O cura madrugara para misar o día da Candelaria na ermida do Barco, e aínda non era día cando pasaba por un lugar escuro coñecido como Garganta de Cucos. E alí, entre as altas paredes de pedra, no medio do camiño, agardábao o lobo.

O crego seguiu o seu camiño sen mirar para a fera que xa se preparaba para o salto. O crego achegábase mentres o lobo collía impulso e ensinaba as "agudas espadas" dos seus dentes.

Mais o lobo non chegou a saltar; o crego pasou ao seu lado e seguiu o seu camiño, e ao pasar rozou o lombo do lobo co bordo do seu manto. E en pasando o crego, o lobo fuxiu, grota baixo, ouleando.

A razón de que o lobo non lle fixese nada ao cura foi que este levaba na man, por precaución, unha estola.

—O lobo –concluiu o amigo que llo contou a Cunqueiro– teme o sagrado e nunca mata a máis de media legua das igrexas!

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: