Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cova dos Mouros de Toba (Cee)

Días atrás o dixital QuepasanaCosta publicou na súa sección «Recunchos da Costa» un artigo sobre a Cova dos Mouros, ubicada na parroquia de Toba, no concello de Cee, que me fixo retornar ao terriorio da infancia, pois visitei este espazo en diferentes camiñadas polo monte d’O Son e con diferentes cans que tiven neses anos (Cusqui, July, Trotski ou Trece, non lles puxen eu ningún dos nomes) ou na compaña de meu irmán máis novo, o escritor Rafa Vilar, e dalgúns amigos e viciños da nosa idade no lugar d’A Granxa onde estaba daquela a casa familiar da miña nai.

No texto, que se pode ler nesta ligazón e que reproduzo máis abaixo, descríbese moi ben a súa ubicación e cóntase a súa historia, con feitos que podo testemuñar, como cando se di «hai anos que os cativos da zona a usaban para cazar morcegos pola súa abundancia pero na actualidade está baldeira». 

-Rememorando un espazo da infancia: a Cova dos Mouros, Toba-Cee (As Crebas: bitácora de miro villar en blogaliza.org) (… seguir lendo)

 [Información facilitada por Miro Villar. Abril de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: