Xeografía mítica
CATEGORÍAS RELACIONADAS
CANCIÓN Mitoloxía da Nai no Valadouro
A Asociación Seminario de Estudos do Valdouro (SEVA) continúa coa publicación dos Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro e achéganos o nº 3, obra da autoría de Xesús Pisón titulada “CANCIÓN Mitoloxía da Nai no Valadouro”.
Xesús Pisón (O Valadouro, 1954) é ben coñecido polas súas múltiples facetas creativas,vencellado ao teatro e á creación artística en diferentes disciplinas (pintura, poesía, narrativa, investigación, ensaio…), é o autor deste estudo sobre a presenza da Nai como deusa e personaxe mitolóxico na nosa cultura popular. Os relatos sobre os que se constrúe o ensaio arredor da Nai proceden do libro “Contos do Valadouro”, publicación que asinaron no seu día Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira e o propio Xesús Pisón.
O debuxo de portada “Tres bruxas do Xistral bailando unha noite de lúa” é obra do polifacético e exquisito artista, tamén nacido no Valadouro, Xosé Blanco.
Unha obra moi recomendable, sobre todo porque sobre as pegadas, crenzas, ritos e relatos de carácter local, o autor é quen de transportarnos á universalidade do mito.
PDF (actualizado en xuño de 2023)