O trasno no muíño de Quende
»Era no muíño de Quende, donde iban moer un ferrado de trigo, ou centeo, a Josefa de Amorós e maila irmá, que lle chamaban Antoña. E decían que andaba o trasno. E foron polo muíño e metéronse dentro do muíño, e puñéronse a moer, a esperar pa leva-lo ferrado de trigo. E entón chegou un carneiro pequeniño, un añiño, e collérono:
—¡Ai, Dios mío! ¡Ai, Dios mío, mira o meu añiño!
E collérono no mantelo no colo, mexou por elas e despois dixeron:
—Ai, Dios mío, ¿e donde se iría? Ai, que deixou a ovella, ¿donde vai?
E, entonces, claro, a dicir Jesús, o año marchou e dixo:
—¡Jujurujú, como as nenas do muíño me quentaban o cu!».
BIBLIOGRAFÍA