Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Compañía en Rego da Cal

Rego da Cal, Galgao, concello de Abadín (Lugo).
»Meu pai, Dios lle perdone, deulle mal e eu taba cabo del, enriba na habitación e estábamos falando. E tivo falando conmigo tan tranquilamente como estou eu agora con usté. E tivemos falando así e falando así, e...
E a muller quedou aquí na cociña. E veu a Compañía á porta, e sinteuna ela. E fálame da porta e dixo:
—Ai ho, morre teu pai.
E naquel momento deu a alma a Dios.
Encheuse o curro de luces, todo eran luces aí.
Encheuse o curro de luces e eu pasei (lavou) os bancos.
E dicíalle seu pai:
—Ai, Atilaniño, non me deixes solo; non me deixes solo.
Entonces iba tirar a auga do balde, íbaa tirar por riba da porta... Entonces íbaa tirar e ¡cómame Dios! se non vai e, entonces abrín o poxigo; taba cerrado o poxigo e maila porta e abrín o poxigo e vexo o curro todo de luces, todo de luces. Pero eu aínda non era moi fría; bah, non tiña medo, aínda non tiña medo, teño máis medo hoxe e ¡cómame Dios! se non.... Volvín a cerra-lo poxigo e a porta e entonces xa taba o meu sogro expirando.
E dixo:
—¡Expira teu paíño! ¡Ai, home si, morre teu paíño!».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: