O viño do castro de Vilacaiz
Castro situado na parroquia de Vilacaiz, O Saviñao (Lugo). Hai referencias de que se atopu no recinto unha caixa de granito ben traballada e completamente chea de cinsa.
Segundo o supoñer popular, o castro foi construído polos mouros; por veces saían (desde o socastro) ao exterior pero cando anda xente por alí, desaparecen.
Dise que dentro do castro hai tanto viño que se algún día chegara a estoupar o depósito que o contén, anegaría todo o lugar de Vilacaiz.
Tamén se conta que cando se traballaba a superficie do castro co arado non se podía afondar pois as casas dos mouros están xusto debaixo e tropezan as ferramentas e a rella do arado cos tellados.
Sábese isto porque se oi berrar aos mouros o seguinte:
— Veña, home, cerra o arado; non ares tan fondo, que me destellas a casa!
© Galicia Encantada
_____________________________
BIBLIOGRAFÍA