Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As pantasmas da Fonte dos Mouros de Redondo (Mondoñedo)

Esta Fonte dos Mouros está por enriba do lugar de Redondo, parroquia dos Remedios, Mondoñedo (Lugo). Desde o lugar do Toldo hai un carreiro sobre a dereita e un regato moi pequeno á esquerda; ao seguir polo carreiro vese a fonte por onde vai a auga soterrada para Mondoñedo. Mesmo enriba do Prado da Santa. En tempos, lavaban alí as mulleres de Redondo, sobre todo as do Toldo e as de Sacundino.
Dicían que vían alí uns frades que bebían daquela auga, e que lavaban a cara nela, e aínda que estaban vestidos con hábito e carapucha, non tiñan cara nin pernas, nin mans, nin corpo … E que ás veces se vían lampadiñas ou luciñas
Os de por alí, cando ían coas vacas por aquel lado, íanse pola perna abaixo co medo.
Quen nos conta esta lenda, André Botana, que naceu en Redondo e agora reside en Francia, di que cando ía pola Fonte dos Mouros, andaba ás agachadas coma un raposo, por se ver se estaban ou non aqueles frades. Recoñece que ás veces daba berros para tornar o medo mentres avanzaba polo carreiro.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: