Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O tesouro da Fonte da Galiña

A Fonte da Galiña está indo desde O Reguendo cara Monfadal, na parroquia de Santiago, Mondoñedo (Lugo). Situada despois da fonte da Candia, nun lugar agochado e sempre á sombra dunhas uces xigantes, especie pouco abundante en toda a aba do Monte Padornelo. Moi cerca estaba unha chaira de monte que quedou sen repartir chamado As Pedregosas por existiren grandes laxas e pedras semellando mesas esparexidas por toda ela. Disque cada unha pertencía a un mouro que tiña por costume alimentarse da gran cantidade de arandos que rodeaban aquelas pedras. Debaixo dunha daquelas pedras, non se sabe de cal, había enterrado un pau e dúas billardas de ouro.
Quen atopara ese tesouro tería que ir á Fonte da Galiña e facendo unha cruz co pau de ouro na auga apareceríaselle unha galiña coa súa rolada de pitos, todos de ouro, e sería rico para sempre.

[Remitida por Francisco Piñeiro (natural de O Reguengo), residente en Cervo (Lugo). Decembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Un gran conto e un gran escritor .

Enviado por IVÁN PÉREZ LÓPEZ DE LIEIRO o 19/03/2015 ás 11:58:13


pareceme unha lenda rara pero interesante creo que esta ben esetas cousas porque axudan a recordarnos quenes eramos quenes eran os nosos antepasados he sobretodo a nosa historia galegan un saudo moi forte para os creadores da paxina

Enviado por Fina Casalderrey o 12/02/2014 ás 9:54:54


Enviar comentario a este artigo: