Pilón das Pedras Brancas
O Pilón das Pedras Brancas está na parroquia de Montouto, concello de Abadín (Lugo).
»E tamén iban tralas ovellas os pícaros e mailos grandes, e diz que salía un [encanto] que había acolá ó Carboeiro; chámanlle o Alto do Pilón das Pedras Blancas, tamén diz que había outro.
E por lles poñer medo ós pícaros que viñan cas ovellas, diz que corrían tras deles, tralos cativos, aqueles encantos. Diz que eran moi ricos».
BIBLIOGRAFÍA