Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro da Pena do Leiro

A Pena do Leiro está no concello d’A Pastoriza (Lugo). O nome da Pena do Leiro débese a que por alí era o sitio de paso de un oleiro, que vendía olas e cacharros de barro. Un día viu ao lonxe uns pitiños pequenos moi amarelos e ao ir acercándose a eles, comprobou que eran de ouro. Nese momento apareceu un mouro e díxolle que non lles tocara, pois traeríanlle unha desgracia. O home quedouse pensando e botou contas: con un só dos pitiños xa gañaba mais que co que puidese vender en toda a súa vida, e polo tanto decidiu coller un pito.
Cando tiña o pito na man, a terra empezou a abrirse, fíxose un burato no que caeu enterrado e tapado cunha pena das que lle caeron encima.

[Texto elaborado por Belén Chao Onega, de Bretoña, A Pastoriza (Lugo). Setembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: