Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pozo do Laranxo

O Pozo do Laranxo está no lugar de Portousín, no río Anllóns, entre Oca e Sísamo, en Coristanco (A Coruña). É un pozo moi fondo que forma un remuíño enorme no que teñen botado toradas grandes de madeira e xa non se volvían ver. Unha vez un home quixo ir lavar o cabalo alí e unha muller que estaba lavando a roupa avisouno: —Non metas o cabalo no pozo; é moi perigoso. Pero o home non fixo caso e meteu o cabalo no pozo. Nunca máis se soubo deles; desapareceron para sempre home e cabalo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: