A ola de ouro do castro de Sixirei
O castro de Sixirei está situado no concello de Baralla (Lugo). Unha veciña de Vilameixe contoume que un home, ao arar a terra dunha leira que tiña dentro do recinto castrexo, atopou unha ola moi pesada e, para ver o que contiña no seu interior, baleirouna, vendo como o po, empuxado polo vento, se esparexía polo lugar. Mais, de súpeto, os raios do sol pousáronse sobre a leira e o home viu como a terra refulxía. Foi entón cando se decatou de que o po da ola era ouro.
[Texto de Xabier Moure Salgado. Xullo de 2012]