Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Construtores suicidas

O SUICIDIO DO CONSTRUTOR DA TORRE DE SAN DOMINGOS D'A CORUÑA
A torre do convento de San Domingos da cidade d'A Coruña aparenta torta, ou fóra de aliñamento, con respecto á nave e á fachada principal do convento.
No blogue "Ventanas de Marineda" dise que o arquitecto (mestre de obras?)que a construíu en 1763 (que foi cando se trasladou o convento intramuros logo de que arrasasen o anterior, que estaba a carón da Porta dos Aires, as tropas de Drake), foi o leigo dominico Frai Manuel dos Mártires.
Parece ser que este frade seguíu para a construcción da torre a orientación das antigas capelas dos Remedios e do Rosario, que xa existían no momento da construcción, mentres que a fachada seguíría a liña da fronte do convento.
Sexa como for a verdade histórica, a lenda di que a torre e a nave central non están situadas en perpendicular coa fachada da igrexa, e que o construtor ao darse conta do seu erro decidiu suicidarse; incluso se precisa que o fixo botándose ao baleiro desde a mesma torre.

[Texto eleborado a partir das informacións remitidas por Xurxo Souto, Celeste Seoane e Ramón Rodríguez Palleiro “Moncho do Orzán”]


Ver mapa más grande

OUTRO ARQUITECTO SUICIDA N'A CORUÑA
Na mesma cidade d’A Coruña circula outra lenda de recente invención referida a un arquitecto actual, José Manuel López Mihura, vivo e en activo.
Cóntase que despois de deseñar e construír unha comunicación acristalada entre dous módulos do Complexo Hospitalario Universitario d’A Coruña, os médicos e demais persoal do centro non facían máis que cuestionar a seguridade da obra. Tantas e tan duras foron as críticas que o arquitecto reuniunos e tratou de facerlles entender que era segura de sobras, mais como aínda así non conseguiu os seus propósitos, non dubidou en estamparse contra unha das paredes de cristal.
E así quedou demostrada de vez e para sempre a solidez e consistencia da obra.

[FONTE: Al fondo a la derecha "Un arquitecto suicida"]


Ver mapa más grande

PEDRO FLORIANI, CONSTRUTOR DO VIADUTO DE REDONDELA
Cóntase en Redondela que Pedro Floriani, suposto contratistas ou subcontratista do viaduto de Redondela tentou suicidarse tirándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo baixo a desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. Malferido conseguiu sobrevivir o suficiente como para ver pasar a primeira locomotora. O viaduto deixou de prestar servizo en 1971.

[FONTE: Wikipedia]
[DISCUSIÓN SOBRE P. FLORIANI E A CREDIBILIDADE DESTA LENDA: Wikipedia]

Ver mapa más grande


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS


Na segunda metade do S. XVIII, dentro da súa política de construcción de estradas por todo o paí­s, Carlos

III emprende a obra do "Camiño Transversal de Coruña a Bergantiños": vintecinco anos despois, en 1804,

o economista Lucas Labrada infórmanos de que só tres leguas, entre a cidade herculina e O Foxo (Arteixo),

estaban realizadas. O parapeto lateral dereito da Avenida de Finisterre, as fontes barrocas de Pastoriza e

Alto de Oseiro e outro muro de contención en O Foxo (Instruccións de 1778) son as evidencias deste trazado.

Mais...Por que pasado O Foxo só hai unha explanación na rocha e cesa­ a obra?

Os veciños de Arteixo explí­canno porque o constructor arruinárase o erguer a Ponte sobre o vao (vado) do

río Bolaños (hoxe, Ponte do Ba ou do Va, preto do Paseo Fluvial arteixán) ou porque as autoridades non lle

admitiran esta obra.

Ata mediados do S. XIX, baixo Isabel II, non se retoma a construcción da estrada a Bergantiños, xa pola

costa de Lañas na vez de proseguir polo Foxo.

Bibliografía: "Puentes y caminos en la provincia de Coruña", de Urgorri Casado, Revista del Instituto José

Cornide, números 5 e 6, 1969/1970, p. 231.

Enviado por Luis Antonio Giadás Álvarez o 24/07/2012 ás 6:28:54


Enviar comentario a este artigo: