Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena das Costureiras do Monte Forgoselo

O monte Forgoselo está dividido entre os concellos de San Sadurniño e A Capela, provincia d’A Coruña, e está tamén encantado o día de San Xoán.
Nos tempos antigos, en San Boulo, que é a parroquia que está en contacto directo co Forgoselo, había unha pena que se chamaba a Pena das Costureiras e estaba encantada e chea de tesouros. Soamente se podía coller algún tesouro a noite de San Xoán, unha hora antes do amencer e so unha vez na vida. Unha muller e un home foron alí para ver se podían mellorar a súa vida. A noite de San Xoán entraron na pedra que se abriu ese día. A señora, como era moi humilde, colleu unha máquina de coser coa que sacou adiante a súa familia. O home, sen embargo, era moi avaro e empezou a coller moitas cousas. Xa estaba amencendo e o penedo comezaba a pechar, o señor tivo que deixar todo por non quedar pechado, e a Pena como castigo, arrancoulle un dedo da man ao escapar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: