Os carneiros brancos da Pena de Supena
A Pena de Supena está no concello de Folgoso do Courel (Lugo). Un día foron tres de Vilasibil cun veciño de Sobredo que tiña un libro chamado Tombo e comezaron a ler diante da Pena. Abriuse unha greta e dentro viron unha sala grande onde estaba un xigante cunha apeada de carneiros brancos que cando se topaban entre eles quedaban convertidos en ouro.
O xigante soproulles un po a cara e cada un deles foi parar a unha cova diferente.
A fenda na pena aínda se ve hoxe.
BIBLIOGRAFÍA