Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A casa do Medo de Lariño

Tamén chamada Casa de Cristina, pois ese era o nome da última muller que viviu nela. Na entrada de Lariño, indo de Louro, no concello de Muros (A Coruña). Naquela casa viviu a señora Cristina cos seus fillos e co home, e ela soa despois, cando o home morreu e os fillos marcharon polo mundo. Cando morreu a señora Cristina os fillos atoparon un papel onde lles dicía, ao parecer, disque amolada porque a deixaran soa, que lles permitía vivir na casa pero prohibíalles que a vendesen. Masi, os fillos venderon a casa e os que a mercaron comezaron a sentir cousas: oían gritos que saían das paredes, faltábanlles cousas, pechábanse as portas soas… Quixeron deixar a casa e pedíronlle aos fillos de Cristina que lles devolvesen os cartos. Mais estes non o crían, entraron na casa e sentían os mesmos medos que dicían sentir os compradores. E ata un deles dixo que se lle aparecera a súa nai e que lle probibira vender a casa. Así foi como estivo a casa cerrada moitos anos, ata que a mercaron uns alemáns por diversión pois, coñendo a historia da casa, non acreditaban. Os alemán non chegaron a vivir unha semana na casa. Fixeron unha de madeira ao lado e a Casa do Medo seguiu, e sigue, cerrada.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu lein a casa do medo de lariño era unha familia que morreron o pai e a nai . A nai cuando morrera dixo a os seus fillos que no venderán a casa pero os fillos a venderon e así combertiuse nunha casa encantada

Enviado por Quintans suarez manuel o 02/04/2020 ás 19:55:11


Enviar comentario a este artigo: