O home que casou cunha moura e o tesouro perdido da Fonte da Ceza
A Fonte da Ceza está na parroquia de Noceda, no concello de Folgoso do Courel (Lugo).
Un veciño do lugar foi un día regar un prado próximo á Fonte da Ceza e atopou unha moura na fonte. O home levou a moura para a casa dacabalo, casou con ela e tiveron un fillo.
A moura díxolle ao home que se non lle facía falar no prazo dun ano que lle había levar moita riqueza para a casa. Pasaban os días e a moura non falaba mais o home non acougaba. E unha vez que estaban cocendo o pan, o home colleu o fillo e fixo que o tiraba no forno, e entón a moura díxolle:
—Ah, traidor! Toda a riqueza da Fonte da Ceza xa che viña debaixo do marco da lareira!
O home mirou e viu unha morea de cadeas de ouro que viñan arrastrándose.
BIBLIOGRAFÍA