A vila do zapateiro
Dise que no cantiño de aló, o que coñecemos como o máis abrigado dos ventos da praia de Area, Viveiro (Lugo), dise que alí había unha vila chamada a Vila do Zapateiro e proba diso é que cando hai mareas vivas, as mareas agostiñas, e as mareas marceliñas, que son as mareas máis vivas, aparecen restos da vila.
Chegou un día un home de grandes barbas que tiña moita fame e moita sede e comezou a chamar polas portas da vila, unha tras outras, mais todos lle responderon igual, dicíndolle: "Vaiase, señor, que aquí non lle damos o xantar a esmolantes!" Entón o home, enrabechado, botoulles unha maldición dicindo con estas palabras: "Revírate vila, co de abaixo para arriba!"
De seguido a vila revirouse e por esta razón, segundo a lenda, xorden pedras nese lugar cando están as mareas vivas.
[Texto remitido por José Matías Duarte Araya, de Xove (Lugo) en novembro de 2011]