Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cova do Pando

Na parroquia de A Alence, concello de As Nogais (Lugo). Dise que nesta cova eran arroxados os soldados do exército napoleónico durante a Guerra da Independencia. Cóntase que só un soldado conseguiu escapar con vida, meténdose por un sumidoiro que dá ao regueiro da Fontela. Unha moza, que estaba a gardar o gando, cando o viu acudiu axiña no seu auxilio, levándoo ata a aldea de Forcas onde os veciños lle curaron as feridas. Mais o seu sino viña marcado, ao día seguinte partiu cara o Hospital da Condesa, en Pedrafita do Cebreiro, onde foi apreixado e logo decapitado.


[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: