A Fonte dos Namorados
Situada na Campa do Barreiro, parroquia de Donís, concello de Cervantes (Lugo).
Dise que cómpre beber dela tres veces para conseguir o favor da persoa amada. E se os namorados beben collidos da man, contraerán matrimonio con total seguridade antes de que transcorra un ano.
[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2013]