Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Sabeliña

Din que unha nena, Sabeliña, ía cos porcos a un prado que está xunto ao Castelo dos Mouros, pero estes aínda andaban por alí, entonces saíu unha moura e ofreceulle un bonito vestido.
Sabeliña aceptouno e cando o colleu, a moura advertiulle:
—Disto non debes dicir nada a ninguén. Nin sequera á túa nai. Ninguén debe saber que cho regalou. Mira que eu hei ir escoitar por detrás da porta e si o fas, ...xa verás o que che pasa.
A nena marchou contenta como un caravel. Chegou á casa leda co seu regalo, pero a nai ó ver aquel vestido tan bo preguntou por el á nena.
—E ese vestido que traes ¿de onde o sacaches?
—Mamaíña, non cho podo dicir. Prometín non dicir quen mo dera.
—Ai, Sabeliña. As cousas non che son así. ¡Se non queres levar unhas azoutas, débesmo contar!
Ante as ameazas da nai, a nena, non tivo máis remedio que falar:
—Foi unha moura do Castelo dos Mouros. Pero eu díxenlle que non o había dicir a ninguén, e agora...
Ó outro día, cando foi de novo ó prado cos porcos, apareceulle a moura e colléndoa, levouna ó castelo e botouna nunha caldeira moi grande que dentro tiña aceite fervendo.
Xa de noite a nai berraba por ela:
—¡Sabeliña! ¡Sabeliña!
E a moura contestaba:
—Sabeliña, Sabelón, derretida no aceitón!

[Lenda achegada por Laura Rodríguez Ortiz, de Ourense. Xuño de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: