Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro do castro de Vilaestaba

O castro de Vilaesteba atópase na parroquia de Torés, municipio das Nogais (Lugo). No "tempo da fame" (despois da Guerra Civil), ante a escaseza de gando para facer o esterco, o único xeito de fertilizar a terra era con cinsa. Para elo "facían a tola" que consistía en amorear terróns secos mesturados con leña que queimaban e logo esparexían polo campo onde sementaban centeo e avea. Nunha ocasión, ao rematar a operación de queimado, apareceu baixo a cinsa unha vaixela feita anacos. Mais o que máis chamou a atención foi un po moi brillante que, disque, era ouro.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Maio de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: