Fonte da Cornella
Paosu, xa hai ben anos, na Fonte da Cornella, en Penas Agudas, parroquia de Monte, Xove (Lugo). Unha nena viña de alindar as ovellas e viu tres mulleres con longas cabeleiras que estaban a coser. Era un encanto.
A nena quedou apampada mirando para as tres mulleres ata que unha lle falou:
—¿Que miras, nena? ¿Que é o que che gusta?
E respondeu a nena:
—¡As tesoiras!
Entón, a malvada da muller que lle falara, botoulle unha maldición:
—¡Pois con elas che corten os ollos!
Non hai noticia do que pasou despois, aínda que se pode supoñer.
BIBLIOGRAFÍA