O castro de Cadeiras
Está en Pinol, Sober (Lugo) e cóntase que por alí andaba unha pequena coas ovellas, que lle saíu unha moura e que lle meteu unhas cagallas de ovella no mandil. Pediulle que non as mirase ata chegar á casa e aínda lle dixo que se non llo contaba a ninguén, que se habían volver de ouro.
Pero a nena, xa polo camiño, mirou e como viu que seguían sendo cagallas tirounas alí mesmo. Mais un mozo que foi tras dela viunas, e xa se transformaran en pebidas de ouro.
BIBLIOGRAFÍA