A Cova do Penedo da Banda do Río
Tamén chamada Cova da Lontra, Cova da Londra e Cova da Alondra, situada arredor do Penedo da Banda do Río, en Bueu (Pontevedra).
Uns din que o nome ten a orixe nunha nena que se convertiu en “londra”, unha especia de serea que cada vez que saía cantar polas noites morría alguén ao día seguinte.
Outros din que era un monstro chamado “lontra” que vivía nesa cova, que comía peixes e mariscos e que a cova ten dous pasadizos, e que un deles vai parar á praia chamada Can do Penedo.
Outros din que a “alondra” é un ave mariña moi grande que saía de noite comer peixes. Cando saía ao día seguinte morría alguén. Tamén se di que agardaba o paso dalgún barco e cando o barco se aproximaba daba grandes berros e despregaba as enormes ás arredor do barco para logo devorar co sue peteiro a toda a tripulación.
Aínda que moitos intentaron matala, ninguén o conseguiu. Agora dise que desapareceu, que xa non se ve.
[Segundo as versión recollidas en 1993 polos alumnos/as Miriam Hervello, Pablo Diéguez, Amelia Sampedro e Alejandro Pérez do Colexio Público de Bueu e publicadas na revista escolar “O Candil”, nº 15, decembro de 1997]
COMENTARIOS ENVIADOS