A princesa e os mouros do Coto do Castro
Do Monte do Coto do Castro, en Sampaio de Ventosela, Ribadavia (Ourense) cóntase o seguinte. Despois de que fora derrubado o Castelo de Boubou no que estivera presa Dona Urraca, quedaron encantados nel os mouros que gardaban unha princesa moura. Por un pasadizo secreto que chega dende a cima do monte á beira do río baixa a princesa para peitear os seus longos cabelos con un peine de prata. No cimo do monte do Coto pódense ver nunha pedra os buratos donde a princesa garda o xabrón mailo peine.
[Texto remitido por Andrés López, de Vincios, Gondomar (Pontevedra), en febreiro de 2010]
Nota: Do castelo de Boubou fala o P. Samuel Eiján no seu “Rumores del Avia”. Se hai algún erro débese a que hai 45 anos que escoitei esta lenda.