Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro Valente

No castro Valente, parroquia de Barcala, concello d'A Estrada (Pontevedra), viviron os mouros defendidos por unha muralla de catocee cuartas de ancho, ata que os botaron os veciños coa seguinte estratexia. Colleron todas as cabras de Confurco, Herbón, Requián, Trasande, Santa Mariña, San Miguel e Bandín, atáronlles velas aos cornos, acendéronas e leváronas de noite polo monte arriba.
Os mouros, crendo que os atacaban moitos guerreiros inimigos, colleron medo e botaron cara o río Ulla onde uns afogaron e outros morreron a mans dos homes que os agardaban en Carcacía.
Nesta castro hai unha trabe de ouro debaixo dun camiño que será destapada pola roda dos carros. Tamén se soe aparecer unha tendeira cunha tenda de xoias que pregunta a quen pasa qué lle gusta máis, se a tenda ou a tendeira. Para que non desapareza nin se aborreza hai que responderlle: a tendeira e todo canto ten.



BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: