Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cova dos Mouros de Cervás

A Cova dos Mouros está situada nunha parede vertical da beiramar da ría de Ares (ao lado mesmo do castro de Santa Mariña), parroquia de Cervás, concello de Ares (A Coruña).
É un burato escavado no penedo, dunha altura duns 180 centímetros, que diminúe progresivamente, anchura de 1 metro. Aos cen metros de longo un derrubamento impide avanzar. Hai quen di que continúa, que atravesa a península toda e que ten outra boca na ría de Ferrol, en Meá, no concello de Mugardos, onde lle chaman Cova dos Mouros ou Cova de Santa Lucía. Semella obra humana.
Da Cova dos Mouros de Cervás cóntase que foi lugar de refuxio, de encantos e de misterios.
Refire Leandro Carré unha lenda titulada “As Bocas do Sangue” que remata traxicamente nesta cova., e que di:
En tempos medievais un servidor dos Andrade, de nome Fortún, casou cunha fermosísima moza chamada Maruxa e puxeron casa en Ares. Un parente dos Andrade, o fidalgo Fernán Pérez de Souto, namorouse da moza, e non reparou en gastos nin en agasallos para conquistala mentres Fortún andaba na compaña do seu señor nas cacerías.
Cando Fortún descubriu a relación matou ao fidalgo e á súa muller, e logo tirou os seus corpos na Cova dos Mouros de Cervás. E botouse ao monte, e como bandoleiro viviu ata que, perseguido polas xentes do señor de Andrade, decidiu quitarse a vida no profundo da Cova dos Mouros.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: