Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A lavandeira das Penas da Salsa

As Penas da Salsa, en Fazouro, concello de Foz (Lugo) teñen sona de ser lugar de encantos e misterios. Unha vez foron pescar alí uns veciños da parroquia e cando pasaban a carón dunha fonte que alí hai, ou había, sentiron os que lles pareceron preciosos cantos de muller. Miraron e viron que na fonte había unha muller de baixa estatura que lavaba e cantaba ao mesmo tempo. Cando quixeron achegarse a ela para saber de quen se trataba, a muller desapareceu. Para a mellor comprensión deste relato recoméndase a lectura do que se di na voz: Lavandeiras.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: