As pedras do Castrillón de Domiz
As pedras que están amontoadas no castro ou Castrillón de Domiz, en Carballeda de Valdeorras (Ourense) son as que lles tiraron os cristiáns aos mouros cando intentaban recuperar o castro. E unhas pedras fitas que hai nos arredores tamén as puxeron os cristiáns para que se esnafrasen os cabalos dos mouros.
E no camiño a Bulfar, entre Domiz e Candeda, vense nalgunhas pedras as pegadas dos cabalos dos mouros.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS