Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alegrín


Ver mapa máis grande

Na parroquia de Suegos, O Vicedo (Lugo) hai un areal situado entre as puntas do Fuciño do Porco e dos Monxes que, polo seu dificil acceso, non figura nas guías turísticas. E a coñecida como a praia de Alegrín, nome, ao parecer, que tomou dunha pequena aldea que existiu no lugar hai preto de dous mil anos. Segundo a lenda, os habitantes deste agreste recuncho vivían felices e alegres (de aí o nome), alleos aos couces da vida. Mais, para que ninguén os perturbara, non permitían que ningunha persoa foránea entrara na vila, como tampouco axudaban aos necesitados, fóra dos seus, por medo a que lles contaxiara as súas penas.
Unha mañá de inverno, moi cedo, uns pescadores atoparon un náufrago; o home, sen apenas forzas, demandoulles axuda. Mais os pescadores, en vez de auxilialo, subírono nunha barca e abandonárono no inhóspito illote Gabeiras.
Esa mesma noite, enxordecedores tronos, precedidos de apavorantes lóstregos, acalaron as risas que saían dos fogares; os habitantes de Alegrín, medorentos, asomaron ás ventás e viron como desde o illote Gabeiras partía unha enorme onda.
Disque o náufrago era un apóstolo, non se sabe se Santiago ou Santo André que, como castigo pola falla de caridade dos moradores de Alegrín, somerxeu baixo o mar a feliz aldea.
Preto da praia hai un lugar coñecido mo A Ruda, sitio que, contan, utilizaban os veciños de Alegrín como cemiterio.

[Lenda remitida por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en maio de 2009. Fonte oral: José Ínsua]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: