Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

San Francisco Blanco

Frade franciscano nacido en 1570 en Tameirón, A Gudiña (Ourense) e que morreu crucificado no Xapón, no monte Tateyama,o 5 de febreiro de 1597. Na igrexa de Outarelo, O Barco de Valdeorras (Ourense) conservan anacos do seu cranio. Os seus paisanos de Tameirón fan festa na súa memoria cada 5 de febreiro.
É avogoso contra as dores de cabeza e a tolemia.
Sendo neno viña un día do monte cun carro de estrume e o carro envorcou. O pai que ía canda el rifoulle e despois foi buscar axuda pero cando regresou na compaña duns veciños, o carro xa estaba dereito e coa carga posta no seu sitio. Disque foron anxos os que atenderon os rogos do neno e fixeron o milagre.
Sendo xa adulto e indo de viaxe cara o Xapón, Francisco Blanco pasou por Verín e fixo unha profecía en castelán:
—¡Cordero, este lobo te comerá!
Profecía que se interpretou como, pois o frade miraba en fite o río, que Verín desaparecería por asolagamento baixo as augas do Támega.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: